Regulamento Subida Rocas – O Eirado

poster-esgos-2023

  • Proba incluida no Campionato Galego de Carreiras de Montaña.
  • Pódese consultar toda a información da proba en atletismo.gal
  • A proba terá lugar en Esgos (581 m) o domingo día 11 de xuño de 2023 e dará comezo ás 11:00 h.
  • A chegada é no O Eirado (1.163 m).
  • A distancia total a percorrer será de 13 km, cun desnivel de 582 m positivos.
  • Unha moto de trial irá abrindo a carreira a unha distancia de seguridade apropiada para sinalar o camiño e non entorpecer os corredores.
  • A entrega de dorsais realizarase o día 11 de xuño dende as 8:30 h ata as 10:45 h
  • As inscricións pecharanse o 8 de xuño as 24:00 horas.
  • O custo da inscrición será de 10 €.
  • A inscrición dá dereito a:

– Participar na carreira
– Camiseta conmemorativa
– Avituallamentos
– Transporte de roupa de abrigo á meta
– Transporte da Meta á Saída
– Seguro
– Comida ao termo das probas
– Sorteos

  • Non se poderá correr co número doutra persoa.
  • Toda a persoa que participe sen estar inscrita e sen número ou falseando os datos da inscrición, faino baixo a súa responsabilidade e sen ter dereito ningún os servizos e produtos aos que teñen dereito os corredores inscritos oficialmente e poderá ser retirado da proba por calquera membro da organización.
  • Os números deberán estar visibles en todo momento.
  • Estableceranse 2 puntos de control de proba polos que será obrigatorio o paso dos participantes.
  • O percorrido estará sinalizado con anacos de cinta de plástico de cor viva e frechas. Haberá referencias quilométricas cada 2 km.
  • Haberá 4 avituallamentos líquidos e o da chegada tamén sólido.
  • Os puntos de control médico establecidos inicialmente son: Saída/Meta e Virxe do Monte, a estes puntos poden sumarse outros aleatorios durante todo o percorrido.
  • É a nosa obriga concienciar e obrigar a que os participantes e organizadores poidamos deixar a montaña da mesma forma que estaba antes da carreira, por iso deberemos ser respectuosos co medio e depositar o lixo xerado nas papeleiras establecidas para iso nos puntos de avituallamento e na chegada.
    En caso de incumprilo poderá dar lugar á descalificación do corredor.
  • Quedará descalificado o que non cumpra o regulamento, non complete a totalidade do percorrido, non pase polos puntos de control establecidos, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o número ben visible ou desatenda as indicacións da organización ou os xuíces.
  • A participación no evento por parte do corredor supón a aceptación de todas as normas propostas pola Organización e as que se houbesen de propoñer para o bo desenvolvemento da proba.
  • A organización resérvase o dereito a realizar modificacións no itinerario que considere necesarias en función das diferentes condicións metereolóxicas ou outras causas de forza maior.
  • A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, lesión ou neglixencia así como dos obxectos de cada participante.
  • Os corredores participan baixo a súa responsabilidade na competición e por iso exoneran de toda responsabilidade a organización da proba e conveñen en non denunciar a entidade organizadora, colaboradores, patrocinadores e outros participantes, así como tampouco iniciar ningunha reclamación de responsabilidade civil contra as citadas partes.
  • Polo mero feito de inscribirse, todos os participantes declaran estar en perfecto estado de saúde e aptos para a proba.
  • A inscrición na proba tamén implica que o participante AUTORIZA á organización da Subida Rochas – O Eirado á gravación da súa participación nesta e presta o seu consentimento para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba e cede os dereitos relativos á explotación comercial e publicitaria que a organización considere oportuna.
  • O percorrido realizásese exclusivamente a pé. Os únicos vehículos autorizados para seguir a proba polo percorrido oficial son os designados e acreditados pola organización.
  • Queda totalmente prohibido seguir ou acompañar aos corredores polo percorrido oficial a pé, en coche, moto, bicicleta ou levando animais atados dado o perigo que poida supoñer para a seguridade destes.
  • Os participantes teñen a obriga de prestar socorro a outro participante que este en perigo ou accidentado e está obrigado a comunicalo ao control máis próximo.
  • Os participantes deben comportarse deportivamente e mostrarse respectuosos con outros participantes, voluntarios e membros da organización.
  • O CONCELLO DE ESGOS é o Responsable do tratamento dos datos persoais proporcionados baixo o seu consentimento e infórmalle que estes datos serán tratados de conformidade co disposto no Reglamento (UE) 2016/679 de 27 de abril (GDPR) e na Ley Orgánica 3/2018 de 5 de decembro (LOPDGDD), coa finalidade de exercicio das competencias asumidas por este Concello e manter a relación co administrado. Os datos serán conservados de conformidade coa normativa aplicable, mentres exista un interese público para manter o fin do tratamento, así como para fins estatísticos, e cando xa non sexa necesario para tal fin, suprimiranse con medidas de seguridade adecuadas para garantir a seudonimización dos datos ou a destrución total dos mesmos. Non se comunicarán os datos a terceiros, salvo que fose necesario para a tramitación do procedemento ou por obriga legal. Así mesmo, infórmase que pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, portabilidade e supresión dos seus datos e os de limitación e oposición ao seu tratamento dirixíndose a CONCELLO DE ESGOS. Praza da Souteira, s/n – 32720 Esgos (Ourense). Email: dpo@legalforma.com, así como, no seu caso, reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos.