Andaina Popular Concello de Esgos

O Concello de Esgos organiza unha nova edición da Andaina Popular Concello de Esgos.

 

Proba non competitiva de 20 km por rutas de sendeirismo e camiños rurais.

 

Este ano sairemos da Praza da Souteira (582m) fronte a casa do concello. Marcharemos cara Meiroá e Calsomiro para continuar por Tarreirigo e Vilar (avituallamento líquido). Continuamos polo camino real pasando polo Mosteiro de San Pedro de Rocas (avituallamento líquido) e desviámonos cara Lobaces. Dende Lobaces (avituallamento líquido e sólido), comezaremos a subida cara Arcos pasando pola Cernada, para despois baixar cara Melón de Arriba (avituallamento líquido). Dende Arcos comezará o descenso ata chegar o punto de saída en Esgos (582m).

 

 

1. Datos da Proba

Data: Domingo 9 de Xuño de 2019

Organiza: Concello de Esgos

Provincia: Ourense

Saída: Praza da Souteira. Esgos (diante a casa do Concello).

  • As 08.30 comezarase a repartir os dorsais
  • Saída ás 09.30 h

Chegadas: Esgos

Distancia: Andaina: 20 Km.

andaina-foto5

2. Detalles da Proba

Lugar Km Peche Observacións
Esgos (Saída) 0
Mosteiro de San Pedro de Rocas 3,300 Avituallamento líquido
Arcos 5,900 Avituallamento líquido
Virxe do Monte 9,300 12:00 h Avituallamento líquido e sólido
Fondodevila 14,200 Avituallamento líquido
Melón Baixo 17,300 Avituallamento líquido
Esgos 20,00 14:30 h Avituallamento líquido e sólido

3. Percorrido

Captura_ANDAINA 2019
  • Sairemos da Praza da Souteira (582m) fronte a casa do concello.
  • Dirixímonos hacia a Meiroá e Calsomiro para continuar cara Tarreirigo e Vilar (avituallamento líquido). Continuamos polo camino real pasando polo Mosteiro de San Pedro de Rocas (avituallamento líquido) e desviámonos cara Lobaces.
  • Dende Lobaces (avituallamento líquido e sólido), comezaremos a subida cara Arcos pasando pola Cernada, para despois baixar cara Melón de Arriba (avituallamento líquido).
  • Dende Arcos comezará o descenso ata chegar o punto de saída en Esgos (582m).

4. Perfil

andaina-perfil