Os premios entregaranse ás 14:00 h.
Ao finalizar a carreira, a organización facilitará as clasificacións por categorías cos tempos e poderase reclamar no prazo de ½ hora dende o momento da publicación.
A non presenza no acto de entrega dos trofeos entenderase como renuncia aos trofeos ou premios conseguidos.
Subida Rocas – O Eirado
- Premio de 500 € para os gañadores que melloren os seguintes tempos:
a. Categoría Masculina: 54′ 37”
b. Categoría Feminina: 1 h 07′ 30”
- Trofeo para os tres primeiros clasificados de cada categoría masculina e feminina.